Saturday, September 10, 2011

xoves 8 de setembro SAÍDA

No día de hoxe toca adentrarnos nas escolas dos nosos avós, para coñecer como eran as súas aulas, asi que desprazámonos camiñando ata o MUPEGA, Museo Pedagóxico Galego, alí coñecimos a Emilio quen nos explicou e ensinou miles de cousas, que a todos lle chamou moito a atención. Como as pizarras e pizarrillos que usaban os nosos avós, as plumas coas que escribian, a súa coleción de buxainas. Foi moi divertido, logo fumos a merendar ao novo parque de San Lázaro, onde nos fartamos de xogar nos aparellos tan modernos e peculiares que alí montaron. Foi un día cargado de emoción.













mércores 7 de setembro RUSIA

Tócanos ir a Rusia a explorar e adentrarnos no mundo espacial, e de que mellor xeito o podemos facer senón elaborando o noso propio cohete con materiais reciclados. E chegar asi "ata o infinito e máis alá". Tamen disfrutamos de xogos reunidos, baile, plastilina.....








martes 6 de setembro GROENLANDIA

Hoxe foi un día moi divertido, cheo de espuma, pois trasladamonos a Groenlandia onde todo e branco,e nos quixemos rendir homenaxe a esa cor, enchéndonos de espuma branca, pompas de xabón...... Tamén elaboramos o noso tren viaxeiro decorado con moito gusto e diversas cores, quedou moi vistoso e chamativo.











Tuesday, September 6, 2011

luns 5 de setembro ARXENTINA

De novo a cruzar o gran charco para chegar ata Arxentina, terra a que emigraron moitos dos nosos avós. Ali como e moi tradicional bailar o tango pois doúsenos por facer parexas e ir a un concurso de bailes de salón. Aínda que as nosas parellas estaban moi motivadas e preparadas, claro está que alí bailase máis que aquí co cal non conseguimos gañar o premio a mellor parexa de baile, pero sí gañamos o premio a orixinalidade, intención e motivación. Foi moi entretido onde todos os nenos e nenas disfrutaron da música e de mover o esqueleto. Despois tamén fixemos quendas para saltar na nosa colchoneta e xogar ao mesmo tempo a diferentes xogos predeportivos, como o brilé, fútbol sen balón.......Foi un día no que rematamos moi cansos a xornada.






venres 2 de setembro ALEMAÑA

Hoxe toca desplazarnos ata Europa, máis concretamente ata Alemaña, o país das salchichas frankfurt, de maneira que aproveitamos para cociñar e probar un rico perrito quente. a pinta era boísima e todos querian comelo xa a hora de merendar. Logo despois de repoñer forzas fixemos un interesante concurso de relevos, con 3 grupos diferentes, o vencedor foi o equipo amarelo aínda que estivo moi reñido e igualado en todas a probas.








xoves 1 de setembro. DE VOLTA: MADAGASCAR

Despois do mes de agosto de vacacións no campamento, voltamos con máis ganas de viaxes e novas aventuras. Así que demos comezo polo país de Madagascar, moi coñecido polos rapaces co cal fixemos un  cineforum con unha parte da pelicula de debuxos animados tan coñecida polos nenos "Madagascar", logo realizamos un taller de papiroflexia, que tivo moi boa aceptación dos cativos, gustoulles un montón.