Tuesday, June 28, 2011

luns 27 de xuño ÁFRICA

Despois da fin de semana e o calor deste, decidimos ir a dar unha volta polas cálidas terras de África onde nos mesturamos coas diferentes tribus que alí conviven. Ensináronnos a crear unha fermosa máscara para logo poder levar a cabo un baile ritual para poder espantar aos malos espiritus.

a máscara
Ao mesmo tempo xogamos cos cativos a: "coller a tua cola" (Nigeria) e "Bokwele" (Zaire) e observamos o video da nos viaxe. África


venres 24 de xuño ASIA

Visitamos o noso primeiro continente:  a interminable ASIA. Onde pasamos  polo país de China do cal  trouxemos de recordo un fantástico farolillo chino para adornar as nosas festas de verán. Estando alí de visita fixemos unha parada na muralla china onde realizamos distintos xogos para animar a estancia por aquelas terras  a través da búsqueda das pezas dun mapa que formaba o puzzle do continente de Asia, por grupos cada un tiña que atopar os da súa cor. foi moi divertido e entretido, aos rapaces gustoulle moito. E como remate observamos a reportaxe que realizamos na viaxe.
reportaxe de China

xoves 23 de xuño

Primeiro día de campamento onde comezamos a nosa longa e intensa viaxe. Como apertura realizamos un gran mapa mundial con todos os nosos diferentes continentes, fixémolo en papel continuo de cor branco que decoramos despois con témperas de cores.Ós nenos pasárono moi ben pintando cos pinceis asi como decorando as letras que dan o título a nosa obra de arte. Logo fixemos xogos de presentación : a pelota quente, o xesto paranóico, o bolígrafo louco.... onde todos se coñeceron un pouquiño máis.

Saturday, June 25, 2011

a volta ó mundo

Aquí comeza a nosa volta ó mundo particular dende o colexio Monte dos Postes en Santiago de Compostela