Wednesday, August 31, 2011

martes 26 de xullo O CARIBE


Despois dun fin de semana longo, volvemos a nosa particular volta ao mundo onde fixemos un taller de cociña onde elaboramos uns riquisimos batidos de frutas. Aos nenos gustoulle moito a actividade pois o feito de poder usar a batidora coa axuda do monitor foi moi motivador para eles. O resultado foi un rico e apetecible batido para combater o calor que ali facía.




Friday, August 26, 2011

venres 22 de xullo EXCURSIÓN


Hoxe ao fin o tempo deunos un respiro, e despois de aclamar estes dous días anteriores a Lorenzo que se asomase entre as nubes, por fin conseguimos ir ata o Mirador de Fontiñas, todos organizados en filas e por parexas saímos rumbo a nosa expedición, chegamos despois duns 40 min camiñando pero con moitas ganas de xogar para espantar ao frío do noso corpo, pois alí arriba facía bastante aire. Fixemos diversos xogos, de baile, co paracaídas, pelotas, cordas.... tamén observamos os diferentes edificios emblematicos de Santiago que dende alí se poden observar, como son: a Catedral,  a Cidade da Cultura, o Colexio Monte dos Postes, o centro comercial Area Central...... De volta para o colexio xuntamonos con diversos grupos de xente que viñan facendo o camiño de Santiago, uns deles viñan dende Andalucía e regalaronnos unhas estampitas da sua Virxe. Foi moi divertido pois os rapaces quixeron sacarse fotos con eles e non facían mais que saudar a xente como se fosemos uns peregrinos mais.







xoves 21 de xullo AMÉRICA

Como de novo o tempo revoltoso de Santiago de Compostela non nos deixou ir ata o mirador de Fontiñas, tivemos que quedar no colexio, pero non deixamos de viaxar, asi que fumos de novo ata América, onde fixemos divertidos xogos predeportivos. Deixámonos levar pola nosa imaxinación para dar distintas formas a plastilina de cores, así como a proxección de dous capítulos dos debuxos animados do noso guía e compañeiro de aventuras Willy Fog e os seus amigos. Tamén nos divertimos moito con diferentes xogos musicais. Aínda que estabamos bastante apenados todos por non poder haber ido a saída, pasámolo moi ben todos xuntos.

mércores 20 de xullo MÉXICO




Andeleeeeeeeeeeeee!!!!! hoxe chegamos ata a increible cidade de México onde ali todo son ponchos, gorros xigantes super coloridoss e comida picante picante. Por iso decidimos facer unhas irresistibles fajitas con polo, pemento vermello e verde, cebola, cenoura......Foi moi entretido e divertido, os rapaces e rapazas convertirónse por un día nuns excelentes cociñeiros especialistas e recetas mexicanas. Aqui tedes unha mostra da nosa arte como grandes cociñeiros.

Ademais disto tivemos tempo para xogar o aire libre baixo a parte cuberta do colexio e divertirnos bailando uns cos outros. Pois a saída que tiñamos progamda non puidemos levala a cabo posto que chovía e non facía moi bo día para acudir ao mirador de Fontiñas.

martes 19 de xullo EE.UU


Hoxe fumos de visita a un dos países máis importante de todo o mundo, a grande e ancha Estados Unidos, onde mercamos os nosos mellores bolsos, traxes de gala e zapatillas converse polas enormes calles e avenidas de New York, tamen fumos ata as fermosas praias de Miami e logo a xogar unha partida de cartas aos casinos das Vegas. Un día moi o entretido onde disfrutamos de grandes vistas, así como do ocio e tranquilidade. Tamén tivemos tempo para realizar un fermoso buho móvil. Despois de tanto viaxar e facer tantas cousas fumonos para casa para descansar e imaxinar ata onde nos levará o noso globo máxico o día de mañá.

Wednesday, August 17, 2011

luns 18 de xullo HAWAII

No día de hoxe fumos polas cálidas terras hawaiianas onde nos unimos a unha gran festa tradicional, entre todos elaboramos os nosos traxes tipicos e aprendimos a bailar coa música dali, o famoso e magnífico hula-hula. Foi un día moi entretido e divertido, pois tamén puidemos aprobeitar un rato para xogar no patio exterior a diversos xogos con pelotas e aros.