Sunday, July 17, 2011

venres 15 de xullo AUSTRALIA

Último día desta semana, e collimos camiño cara Oceanía, mais concretamente cara Australia. Pais de fermosas praias xa que é unha illa e esta rodeada de mar. Polo cal moita xente se adica e ten por aficción o surf, por ese motivo decidimos crear uns chaveiros en forma de táboa de surf con cores moi chamativos e tela de fieltro, quedaron moi orixinais. Tamén aprendimos o baile do HAKA, dado a coñecer polo equipo de fútbol americano de Nova Zelanda que representaba antes de cada partido para asustar aos seus rivais.Aínda que é un baile algo agresivo pode resultar moi divertido e entretido para realizar con rapaces, modificando un pouco os seus pasos.



xoves 14 de xullo XAPÓN

Seguindo polo continente de Asia, hoxe fumos ata Xapón, alí atopamos unhas fermosas cintas xaponesas que se poñen nas cabezas e serven para adornar, decorámolas ao noso gusto e despois de colocalas sentimos unhas forza interior que nos daban boas vibracións foi como se apenderamos de repente todas as artes marciais que ali se practican. Estivo moi entretido e quedaron xenial, aos rapaces e rapazas gustoulle moito e non querian sacalas das súas cabeciñas. Despois tamén descubrimos a arte de realizar imaxes e xestos a través de sombras, foi moi entretido pois para saber o significado dalgunha sombra tivemos moito que pensar.


mércores 13 de xullo INDIA

Seguindo en Asia fumos a parar no noso globo ata a India, alí ensináronnos a facer unhas fermosas camisetas quedaron moi orixinais e vistosas. Pasados os 40min todos tiñan intriga por saber como quedara a súa camiseta, pois cada unha ten un deseño distinto e particular. Tamén nos pasamos por unha festa onde nos ensinaron os bailes típicos de alí o tan coñecido: Bollywood. Pasámolo xenial e rimos un montón todos xuntos.India




martes 12 de xullo CHINA



Hoxe martes trasladamonos ata a gran China onde intentamos probar fortuna coas suas galletiñas da sorte, algúns foron máis afortunados que outros con: viaxes polo Mediterráneo, un tesouro de China, unha viaxe por China, convertirse nun príncipe........ Foi moi divertido e emocionante pois ninguén sabía cal ía ser a súa fortuna. E as galletiñas estaban moi boas. Tamén elaboramos uns gorros chinos aínda que nos equivocamos un pouco na talla.

luns 11 de xullo EXIPTO




Todos transformados en momias decidimos trasladarnos ás antigas pirámides de Exipto para descubrir os tesouros da faraona e descifrar os seus xeroglíficos. Fixémonos uns grandes descifradores. E como non podía ser menos encandilámolos a todos co noso fermoso baile exipcio. Foi un día moi entretido e divertido, pasamolo xenial todos xuntos cos xeroglíficos e os xogos ao aire libre.Egipto.

Sunday, July 10, 2011

venres 8 de xullo MARRUECOS

Como remate da semana fumos ata Marruecos onde nos ensinaron a traballar con barro e poder facer as nosas obras de arte. Vimos un capítulo de Willy Fog os mais cativos mentres os maiores xogaban no patio a diferentes xogos deportivos que nos fixeron correr un montón aparte de divertirnos.

xoves 7 de xullo SENEGAL

Como en Galicia o tempo estaba medio revolto decidimos trasladarnos ata Senegal a África a pasar un pouquiño de calor e enchernos de adornos africanos como as súas pulseiras que engalanaban as nosas muñecas. Quedaron moi fermosas despois de todo o traballo que nos deron.
Logo divertímonos facendo un pequeno safari por África con diversos xogos.

mércores 6 de xullo ITALIA

O día de hoxe como tíñamos antoxo de pasta e pizza, fumos ata Italia a elaborar e comernos unhas ricas e sabrosas pizzas. Despois de cociñar fumos ata Roma a xogar polo Coliseum ao escondite e a caza do monitor. Foi un día moi entretido e divertido.

martes 5 de xullo FRANCIA

Para darlle un toque de romanticismo fumos ata Francia mais concretamente a cidade do amor: PARIS. Alí  mercamos un agasallo da Torre Eiffel. Despois dimos un paseo polos Campos Elíseos onde nos pegamos unha merendola que nos deu un montón de forzas para seguir xogando despois ata agotarnos a nós os monitores.

luns 4 de xullo INGLATERRA

Co comezo dunha semana nova e cargados de enerxia dispuxemonos a coñecer a novos aventureiros que se animaron a emprender esta emocionante e curta viaxe polo mundo. De novo fixemos xogos de presentación. rematamos o globo e xa nos demos unha pequena viaxe por Inglaterra, sellando así o noso pasaporte por primeira vez.

venres 1 de xullo O COMEZO


Despois de visitar esta semana todos os continentes, hoxe xa nos adentramos na volta ao completo, así que preparamos os nosos pasaportes e comezamos a elaborar o noso medio de transporte: O GLOBO.
Tamén nos divertimos xogando a diferentes xogos que nos fixeron pasar a mañá voando.

Sunday, July 3, 2011

xoves 30 de xuño EUROPA

Día de visita polo noso continente, Europa. Onde fixemos unha parada nos Paises Baixos para ver os seus fermosos muiños de vento. Tanto nos gustaron que decidimos facer a nosa replica particular
que tal quedaron?
Tamén descubrimos xogos novos como son: "Alla frutta" (Italia) e " bolos humanos" (Reino Unido).
Cansados de xogar e nerviosos pola sorpresa que nos estaba agardando fumos o salón e descubrimos a Willy Fog que veu a facernos unha visita e a desexarnos unha boa viaxe, foi unha visita moi agradable onde nos fartamos de falar e bailar con el tomando nota de todos os consellos que nos deu para afrontar sen problemas a nosa volta ao mundo.

Video: Europa

mércores 29 de xuño AMÉRICA

Día de calor polas terras americanas así que decidimos facer unha rica e fresca ensalada tropical, onde todos tivemos que aportar un pouquiño das nosas dotes culinarias.
rico rico
Despois de tanto traballo decidimos xogar un rato que o mereciamos, asi que fixemos xogos tradicionais americanos como son: "octopus" (EE.UU) xogo que lles encantou, "desafío" (Argentina). 
Foi unha xornada moi entretida e divertida.
Video:Ámerica

martes 28 de xuño OCEANÍA

Hoxe visitamos as paisaxes de Oceanía a través do video: Australia. Logo de observar e darlle de comer aos koalas decidimos facer un mosaico de un deles usando lentellas e arroz.
Despois da merenda como nos apetecía xogar un pouco fixemos algun xogo tradicional como: " que hora é señor lobo?" (Australia), "Siikori" (Nueva Guinea)